Segundo informou a CIG, os empregados do hospital vigués reclaman a presenza do Sergas nas conversas, tal e como anunciou o propio organismo público, e agradecen o apoio recibido durante o conflito.
Os tres delegados de persoal (CIG) do servizo de mantemento do Meixoeiro explicaron que a decisión de suspender a folga indefinida até o vindeiro día 2 de marzo foi adoptada en asemblea pola maioría dos traballadores «despois de que a nova empresa concesionaria se comprometese a abrir un período de negociacións co obxectivo de intentar a continuidade de todos os empregos».
Ao mesmo tempo, os afectados reiteran a súa reclamación de que unha representación do Sergas participe nas conversas, tal e como anunciaron dende o organismo público. Finalmente, amosan o seu agradecemento tanto ao resto do persoal do centro médico como a pacientes e usuarios pola súa solidariedade, comprensión e apoio recibido «durante estas duras semanas».