A Asociación de Veciños de Teis informou este venres que despois de catro meses consegui que a oficina dos servizos sociais do barrio abra as súas portas todos os días. «Desde onte conta cunha nova subalterna, o que permite a apertura diaria, de luns a venres da oficina dos servizos sociais, polo que a veciñanza poda pedir cita para ser atendida polas traballadoras sociais, recibir información e non ter que desprazarse ao Concello», sinala o colecitvo nun comunicado.
«Ao longo de 4 meses a oficina dos serbios sociais de Teis, estivo funcionando baixo mínimos, pola falta de persoal. Estando pechada media semana (xoves e venres) ao carecer de persoal (administrativo e bedel)», lembra a asociación.
Así, apuntan que logro foi posíbel pola denuncia e a mobilización veciñal que ao longo deste catro meses, concentrouse en dúas ocasións diante da oficina dos servizos sociais de Teis, convocados pola Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo «Os Ninguéns», e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia.
A oficina segue con carencias de persoal
A asociación valora como un éxito a apertura diaria da oficina, pero denuncia que segue existindo carencias de persoal graves, pois as dúas traballadoras sociais «son insuficientes para atender a todo a poboación de Teis e a necesidade de contar con algún persoal administrativo nesta oficina».
«Consideramos que é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da concelleira de servizos sociais e do alcalde, unha solución inmediata, que pasa por dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario e de aumentar as traballadoras sociais», conclúen.