A Asociación Veciñal de Teis, con motivo da celebración este domingo 21 de marzo, Día internacional das Árbores, demandou publicamente ao goberno local de Vigo, ampliar os terreos de propiedade municipal e realizar unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía.
O colectivo sinla que desde o pasado mes de decembro até este mes de marzo, o Concello de Vigo, encargou a unha empresa a talla de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.
Así, a AAVV explica que o pasado 5 de xaneiro dirixiuse por correo electrónico e logo polo rexistro a Concellería de Parques e Xardíns, solicitando información sobre cal era os motivos desta talla, a necesidade de realizar unha plantación de arbores autóctonas nestes terreos e que o Concello mercara os terreos privados onde se realizou está talla.
«A plantación de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, sobreiras,...) evitaría que en poucos anos nestes terreos estean ocupados novamente por eucaliptos e acacias, árbores invasoras e así poder cunha nova masa forestal no monte da Guía», asegura a AAVV de Teis.
Por este motivo, consideran que a compra dos terreos suporía ao estar no entorno da praia da Punta e do paseo do borde do litoral, aumentar o espazos de lecer e esparaxemento na praia da Punta e no monte da Guía. «É necesario que o goberno municipal realice unha política real de mellorar as zonas verdes na cidade e aumentar os espazos con árbores, inexistente nestes anos de goberno de Abel Caballero», sinalan.
«Non chega con anuncios e con fotos, que son unicamente propaganda, como a plantación de hoxe en Samil. Mentres as zonas verdes da cidade, están abandonadas e se realizan talas sen planificación», conclúen.