O Plan de transporte metropolitano de Galicia permitiu bonificar no ano 2019 un total de 3,24 millóns de viaxes na área de Vigo. Ademais, rexistrou un 5,95% máis de usuarios que no ano anterior. E segue a sumar usuarios, con 62.407 tarxetas en vigor, segundo informou este domingo a Xunta.
En canto aos núcleos de poboación con máis dispositivos con viaxes bonificadas, o Concello de Vigo sitúase en primeiro lugar con 22.261 tarxetas, seguido de Cangas, con 13.771, e Moaña, con 6.646. Mentres, Redondela, Nigrán, O Porriño e Baiona, con 5.088, 4.483, 3.229 e 3.687 dispositivos, seguen a senda de crecemento.
Tarxeta Xente Nova
Cabe salientar tamén as 254.432 viaxes en autobús realizadas polos usuarios das 14.239 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto.
Os mozos que máis viaxes gratuítas realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden dos municipios de Vigo, con 5.904 dispositivos e Cangas, con 2.274, aos que lle seguen os rapaces de Moaña e Redondela con 1.542 e de 1.133 dispositivos, respectivamente.
A Xunta ampliou este mes o Plan de Transporte Metropolitano ata os 21 anos o límite de idade dos beneficiarios da gratuidade dos viaxes interurbanos na área de Vigo.
Transporte rutas Cangas e Moaña
A tarxeta metropolitana no transporte na ría de Vigo segue mantendo a interese dos usuarios das rutas Cangas-Vigo e Moaña-Vigo. Así, no ano 2019 superaron os 1.235.984 viaxeiros. Máis en concreto, no ano 2019 a ruta Cangas-Vigo acadou os 985.350 viaxeiros, e a ruta Moaña-Vigo os 250.634.