O efecto do alumeado de Nadal encheu os hoteis da cidade e provocou un efecto rebote nas comarcas do Morrazo, onde se chegou ao 92% de ocupación hoteleira e ao 85% en casas de turismo rural, e do Val Miñor, onde se rozou o 90%.
No caso da provincia, a taxa foi do 74%, 12 puntos máis que o acadado nas mesmas datas do 2018. En canto ao turismo rural, a ocupación chegou ao 54% o que supón 16 puntos máis que o acadado durante a mesma ponte do ano 2018.
As vivendas turísticas melloraron tamén a porcentaxe de ocupación con respecto á ponte da Constitución de 2018. Deste xeito, segundo a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), destinos como Vigo enchéronse na súa totalidade.