En concreto, os medios humanos dispostos para a posta a punto das rúas consiste en 120 xornadas de condutor e 98 de peón en horario de mañá, tarde e noite e os medios materiais postos en marcha son 20 xornadas de fregadora mecánica, 35 xornadas de máquina decapadora, 35 xornadas de máquina de limpeza de pintadas, 65 xornadas de baldeadora de alta presión e 30 xornadas de motocarro.
Ademais, estanse a aplicar produtos de limpeza específicos tales como líquidos desengrasantes aplicados na resina das árbores de Montero Ríos e líquidos desodorizantes ao longo do percorrido que realiza a procesión.
A limpeza céntrase no núcleo do Casco Vello de Vigo -Praza da Igrexa, rúa Real, Gamboa, Triunfo, Palma, Oliva, Teófilo Llorente, Joaquín Yáñez, Fermín Penzol, Praza da Ribeira do Berbés-, na zona do Náutico -Cánovas del Castillo, Carral, García Olloqui, Montero Ríos, Concepción Arenal- e no centro da ciudad -Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol-.
Ademais, durante o día da procesión, haberá especificamente un equipo de limpeza antes e despois do paso da xente.