A senda aberta, con espazos independentes para peóns e ciclistas, desemboca nunha zona de descanso e paseo de máis de 1.000 metros cadrados na que se conservan elementos ferroviarios, como sinalizacións, tramos da vía antiga, os postes da catenaria ou zonas de balastro.
Neste traxecto xa dispoñible, o Concello pechou o angosto paso soterrado que existía na rúa Mestre Chané e substituíuna por unha comunicación máis directa e en superficie.
A Vía Verde contará con 3,6 quilómetros de lonxitude. O Concello inviste na obra 1,4 millóns de euros para convertir o espazo nunha senda para peóns e ciclistas, con áreas de descanso, miradoiros e paneis informativos, mantendo a esencia ferroviaria no seu deseño. Para facilitar o acceso, o goberno de Vigo prevé habilitar pasarelas de acceso desde a rúa Navarra e desde a avenida de Buenos Aires.
García Barbón
Por outra banda, Abel Caballero tamén informou do inicio dos sondeos arqueolóxicos previos á humanización dun novo tramo da avenida de García Barbón, desta volta o comprendido entre o cruce con Rosalía de Castro e Isaac Peral.
O alcalde recordou que xa está en obras a humanización dun treito anterior da avenida, entre Serafín Avendaño e a conexión con Rosalía de Castro, por importe de 420.000 euros.