«Candeán necesita un lugar con encanto e sendo eu deputado xa visitei a zona porque había unha pendente do 80%, levei a solicitude a Madrid para que construísen o túnel e agora vamos a crear no lugar un parque de ocio», sinalou o alcalde, Abel Caballero.
O proxecto ten un orzamento base de licitación de 700.000 euros e a actuación vaise a levar a cabo unha superficie de 19.476 metros cadrados, moi próximo á praza da igrexa parroquial. A iniciativa do Concello transforma o lugar nunha gran zona verde, adecuando tres plataformas multiusos para aparcamento, actividades festivas e pradeira con terra vexetal e árbores.
Ademais, Caballero tamén apuntou que o proxecto inclúe a instalación de alumeado público, muros de contención de terras para ampliación de anchos de vía, execución de cunetas de formigón e ampliación de las acometidas de saneamento y abastecemento.
Becas de inglés
A Xunta de Goberno Local tamén deu o visto e prace á adxudicación das bolsas do Concello de Vigo de estancias lingüísticas no estranxeiro para alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo correspondentes a 2019. O importe é de 175.000 euros e inclúe 96 becas para inglés (52), francés (10), alemán (2), italiano (14), portugués (8), xaponés (7) e chino (3).
Por outra banda, foi aprobada a tramitación do proxecto de mellora da rede de abastecemento na Avenida Ramón Nieto, marxe impar, desde o número 245 ata a rúa Subride cun importe total de 299.000 euros.