«Vigo xa cumple a práctica totalidade dos requisitos que establece Unicef para ser declarada Cidade da Infancia», dixo o rexedor convencido de obter este recoñecemento en 2016. Deste xeito, Vigo sería a primeira cidade galega que o solicita e que o obtén, unha vez que xa dispón da Mención Honorífica -a única en Galicia- que é o paso previo a ser recoñecida Cidade da Infancia.
Logo de manter unha reunión coas responsables da ONG en Vigo, o alcalde explicou que a cidade xa supera as demandas da ONG, entre elas, o número de parques infantís, a atención aos colexios ou á xuventude. O único que falta, precisou, é dárlle carácter oficial ás contínuas sesións plenarias que se orgarnizan con nenos ou mozos no Salón de Plenos do Concello.