O Teatro García Barbón acolleu a noite deste xoves unha nova edición da Gala de Vigueses Distinguidos. Nesta ocasión Roberto Cavallo, director xeral de Denso e presidente da Agrupación industrial da Automoción (Ceaga), foi o encargado de leer o do Bando da Reconquista e dar paso á celebración.
A solemnidade do acto tivo un momento central cos aplausos recibidos por Marisa Real, esposa do finado Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade que recibiu a Medalla de Ouro a título póstumo. Ademais, tamén interviu o director xeral de Estaleiros Armón, empresa que igualmente foi merecedora do máximo galardón da cidade.
Abel Caballero puxo fin á gala cun discurso no que destacou os logros do seu mandato.
Medalla de Ouro da Cidade 2023
- Ceferino de Blas
- Estaleiros Armón
Vigueses Distinguidos 2023
- África González, Catedrática de Inmunología na Uvigo
- Martín da Puente, tenista en cadeira de rodas
- María Castro, actriz e presentadora de televisión
- Miguel Méndez, adestrador, seleccionador baloncesto feminino
- Mariana Carballal, actriz
- Ana Ulla, científica viguesa
- Antón Vidal Andión, vicevaledor do Cidadán de Vigo desde 2002
- Centros educativos vigueses que cumpren 50 ou máis anos: CEIP Mestres Goldar, CEIP Ramón y Cajal (Picacho) e o Colexio plurilingüe Nosa Señora da Esperanza
- Racing de Castrelos Club de Fútbol, 100 anos
- Valladares Club de Fútbol, 100 anos
- Paco Amoedo, boxeador
- A carreira Vig-Bay