O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou a celebración mañá martes dun Pleno extraordinario para a aprobación definitiva da modificación orzamentaria para a adhesión de remanentes municipais, que se suman á inversión xa prevista polo goberno de Vigo.
Con esta modificación, o Concello incorpora «50 millóns de euros á economía de Vigo, e, por tanto, xeración de centos e centos de emprego se novas obras para humanizar a cidade», apuntou Abel Caballero.
O rexedor deu conta do conxunto de investimentos previsto de 13 millones de euros para proxectos como a segunda fase das ramplas de Gran Vía, entre Venezuela e Nicaragua cun orzamento de 4,6 millóns de euros; o ascensor que comunicará García Barbón con Vía Norte, que ten unha dedicación 3 millóns de euros ao que o vindeiro ano se destinarán os 4 millóns restantes; a construción do Paseo de Bouzas cun presuposto de 3,7 millóns de euros; a humanización da estrada A Garrida-Porto Beade, o Pabellón de Quirós (465.000 euros), o campo fútbol da Guía (155.000 euros), o campo de fútbol de Fragoselo (95.000 euros) e o acondicioamento dun local baixo a grada de Tribuna para ubicar a sede da Federación Peñas do Celta que ten un importe de 125.000 euros.