O servizo de Uroloxía da área sanitaria de Vigo lidera un rexistro nacional de pacientes con tratamento de Cateterismo limpio intermitente, tamén chamado autocateterismo. Trátase dun proxecto multicéntrico desenvolvido polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e a plataforma de Investigación da Asociacion Española de Urología, no que participan 23 hospitais nacionais. Os seus resultados se están presentando estos días en diversos congresos e foros científicos nacionais e internacionais de Uroloxía.
O coordinador nacional deste proxecto, o urólogo do Álvaro Cunqueiro Carlos Müller explica que “ é o único rexistro nacional de pacientes con este tratamento, e un dos máis amplos a nivel europeo xa que rexistramos a 600 pacientes con esta terapia. Esta forma de baleirado vesical é moi utilizada en Rehabilitación e Uroloxía pero require mas información a nivel doutras especialidades e do público en xeral. Cremos que este rexistro e os bos resultados deste estudo permitirán por en valor estes tratamentos e deseñar modelos que melloren a adherencia aos mesmos”.
Vantaxes sobre a sonda permanente
O Cateterismo intermitente limpio (CIL) consiste na evacuación dos ouriños da vexiga a través de sondas de forma limpa. Todos aqueles pacientes que non poden baleirar a súa vexiga de forma autónoma poden beneficiarse desta forma de tratamento, que evita un cateterismo permanente (sonda vesical clásica). Neste senso, o CIL presenta grandes vantaxes sobre a sonda permanente, como a diminución da taxa de complicacións en xeral, un menor número de infeccións ,e unha maior independencia e calidade de vida para os pacientes.
As indicacións principais do autocateterismo están relacionadas con problemas neurolóxicos, principalmente nos pacientes lesionados medulares, os que presentan escleroses múltiple ou Parkinson. Tamén está indicado para outros problemas como vexigas hipocontractiles ou diferentes obstrucións na saída dos ouriños.
Segundo o doutor Müller “os beneficios do CIL radican na diminución de complicacións orixinadas polo mal baleirado vesical sobre a vexiga, como as infeccións recorrentes de ouriños, litiases vesical ou incontinencia urinaria; ou mesmo sobre os riles, xa que o inadecuado baleirado vesical pode provocar insuficiencia renal”.
O procedemento consiste en inserir o catéter dentro da uretra ata chegar a vexiga, co fin de drenara os ouriños, retirándose inmediatamente despois da sondaxe. Esta acción deberá realizarase unhas 4 ou 6 veces ao día, e en cada sondaxe debe usarse unha sonda nova. Este sondaxe ten que ser realizado cunha técnica limpa que diminúa as posibilidades de complicación asociadas á manipulación dos órganos xenitais e do aparello urinario .
Galicia mellora a media nacional
“O uso desta terapia é un indicador de calidade sanitaria. Galicia é a comunidade coa ratio mais alta de uso desta sondas, dobrando incluso a media nacional, o que demostra a calidade de atención que se brinda a estos pacientes nos hospitais da nosa comunidade.”
Precisamente, constatando estas diferencias, xurdiu a necesidade de coñecer as causas das mesmas e por este motivo deseñouse este proxecto a nivel nacional para coñecer as características dos pacientes en protocolo de Cateterismo intermitente limpo en España.