Vigo presentou este luns un autobús turístico 100% eléctrico que fará probas na cidade durante una semana. O mesmo modelo está circulando en Londres, París, Bruselas e Ámsterdam, e agora elixiron Vigo para os primeiros rodamentos en España.
O alcalde, Abel Caballero, sinalou que o autobús está fabricado integramente en Galicia, concretamente en Ourense, e amosou a súa satisfacción ao coñecer que é utilizado nas cidades máis importantes de Europa. Ademais, contou como anécdota que cando a Selección de Fútbol de Francia gañou o último campionato, o bus que utilizaron foi o mesmo modelo que o que percorrerá as rúas de Vigo estes días.
O autobús escollido que percorrerá as rúas da cidade dende hoxe é o modelo UNVI Urbis eDDOT – Electric Double Decker Open Top, do fabricante galego UNVI. O vehículo, 100% eléctrico, conta con aproximadamente 12 metros de lonxitude, dobre piso e unha capacidade de 78 prazas para viaxeiros e 1 praza para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas. Este modelo ten un consumo de enerxía 20% menor a outros vehículos eléctricos das mesmas características e está cargado con cargadores fabricados en España pola compañía Circontrol.
Para as probas non haberá pasaxeiros. O autobús percorrerá distintas zonas da cidade e avaliarase se ten capacidade para prestar servizo na cidade, ademais do seu confort.