O Concello de Vigo prosegue a desenvolver o plan municipal de asfaltados que conta cun orzamento de 1,6 millóns e entre os que atopan traballos na rúa Simón Bolívar -en marcha nestes momentos- ou en Sanjurjo Badía, que comezarán o próximo luns 27 de abril. Concretamente, a obra desenvolverase no treito que vai desde o cruce coa avenida de Bos Aires e a rúa Pedro Alvarado.
Ademais, o 4 de maio comezarán os labores de saneamento da rúa Jacinto Benavente, cunha inversión de máis de 300.000 euros e un prazo de execución de tres meses. Os traballos empezarán pola conexión no pozo de rexistro de Beiramar e, a continuación, avanzará cara a rúa Instituto Oceanográfico.
Está previsto que a fase máis complexa sexa a do principio, á altura da mediana de Beiramar, a case 4 metros de profundidade. Durante catro días, será preciso desviar o tráfico en sentido Areal e achicar o ancho dos carrís en dirección Samil. Cando os traballos cheguen á beirarrúa do lado terra de Beiramar, será posible abrir ao tráfico e só haberá que xestionar a circulación de Jacinto Benavente e Oceanográfico.
Estes serán os cortes de tráfico durante 4 días:
-Beiramar: os dous carrís do lado da terra desviando por Jacinto Benavente
-Beiramar: un carril do lado do mar (o xoves ou o venres xa se poderá circular con normalidade por Beiramar)
Desvíos:
-Rúa perpendicular a Beiramar e a Jacinto Benavente deixando paso á estación de servizo. Despois os traballos continuarán polo eixo de Jacinto Benavente ata Juan Ramón Jiménez polo que haberá que cortar o tráfico de Jacinto Benavente en sentido rúa Coruña.
Xunta de Goberno
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto para a renovación da tubaxe de abastecemento na avenida das Camelias, entre a avenida Hispanidade e a Praza do Bicentenario.
Cun orzamento de case 200.000 euros, substituiranse 300 metros de tubaxe de fibrocemento por fundición, cun diámetro de 300 metros.