O Sergas anunciou este martes que levará a cabo modificacións no servizo de Urxencias da área sanitaria de Vigo para loitar contra a propagación do Covid-19. Así, reorganiza o circuíto de Urxencias, un dos servizos sometidos a un maior impacto e presión asistencial, co obxecto de delimitar dúas áreas: unha para pacientes con sospeita de enfermidade respiratoria por COVID-19 e outra área para o resto de patoloxías urxentes.
Neste contexto, a partires de este martes, queda delimitada aínda máis a área de Urxencias Pediátricas, concentrando esta atención nos espazos ocupados ata hoxe polo servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Así, trasladouse á Área de Docencia (andar 0) e neses espazos liberados por este servizo habilitouse un posto de admisión de Urxencias Pediátricas –propias e independente da de adultos-; un posto de triaxe e unha sala de espera para nenos. A porta de acceso exterior é diferente á que víñase utilizando habitualmente para entrar nas Urxencias Pediátricas.
A zona liberada das Urxencias Pediátricas se destina á atención das patoloxías non respiratorias de adultos, ampliando así o chamado “circuíto de limpo”. Conta cun Posto de Triaxe específico e unha sala de espera para aqueles pacientes que achéganse a Urxencias por outros motivos diferentes aos relacionados co coronavirus.
O obxectivo destes movementos é dobre: por un lado, evitar calquera tipo de contacto entre os pacientes pediátricos e os adultos; e por outra banda, dispoñer dun espazo máis amplo para a atención das patoloxías non respiratorias de adultos.