O evento tamén inclúe o tradicional certame de pintura coa participación de 5.000 escolares de entre 6 e 12 anos pertencentes a 35 colexios da cidade. Este ano a proposta temática do concurso foi o propio Nadal. Ademais, a cita mantén o seu carácter benéfico, pois será punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros durante todos os días de apertura.
Vigolandia poderá visitarse entre o 26 e o 30 de decembro. O primeiro día só terá horario de tarde (16.00-20.00 horas). O resto de xornadas estará aberto de forma ininterrompida de 12.00 a 20.00 horas.