Vitrasa, a empresa concesionaria do transporte público de Vigo, lanza a súa nova páxina web cun deseño máis accesible, funcional e adaptado as necesidades actuais da cidadanía. Este redeseño reforza o seu compromiso coa mellora continua da calidade do servizo, tamén na entorna dixital, ofrecendo unha experiencia máis intuitiva e completa ao usuarios.
“Con esta nova páxina web, queremos ofrecer aos vigueses unha ferramenta moderna, funcional e adaptada ás súas necesidades. O noso obxectivo é mellorar a experiencia dixital dos usuarios e facilitarlles a planificación das súas viaxes en transporte público”, sinala Carlos González, Director de Vitrasa.
Información en tempo real e deseño responsive
A nova web de Vitrasa mellora a usabilidade, a navegabilidade e a estrutura dos contidos. Este novo deseño incorpora unha funcionalidade clave: a información en tempo real do servizo. Deste xeito, os usuarios poden consultar en tempo real o paso da liña que desexen na parada que lles resulte máis cómoda. Así, Vitrasa facilita unha planificación de viaxes máis sinxela e eficiente.
Por outra banda, a nova plataforma responde a unha necesidade crecente nos últimos anos: a adaptación da web aos dispositivos móbiles. A web conta cun deseño responsive, que permite unha visualización óptima e unha navegación fluída.
En canto ás incidencias do servizo poderán ser consultadas directamente no apartado de Avisos e, ao mesmo tempo, son reportadas na páxina de inicio para facilitar o acceso a esta información.
O resto de información como a listaxe completa de liñas con descrición de orixe e destino, os itinerarios detallados para cada traxecto ou a organización clara de horarios por día e traxecto con opción de descarga en PDF está organizada de maneira intuitiva permitindo unha navegación máis sinxela.
Nesta nova interface incorpórase o planificador de rutas, unha ferramenta desenvolvida polo Concello de Vigo, que permite aos usuarios organizar os seus desprazamentos de maneira áxil e sen complicacións.
Comprometidos coa mellora da atención ao cliente
Coa presentación desta nova web, Vitrasa reafirma o seu compromiso na mellora da atención ao cliente. Os usuarios dispoñen para a súa consulta a información sobre tarifas e PassVigo, servizos especiais como o servizo de fútbol, universidade, praias, Bus Turístico e Bus Nadal ou o servizo de paradas a demanda, entre outros.
Na sección de Atención ao Cliente encóntrase a información de contacto así como cal é o procedemento para localizar un obxecto perdido ao bordo do bus. Todo isto cun deseño da información máis amigable e dispoñible tanto en galego como en castelán.
O redeseño do espazo de Vitrasa supón un salto cualitativo na relación cos usuarios, garantindo que a información estea sempre ao alcance de todos, de forma clara e organizada.
O novo sitio dixital posiciónase como un encontro de información actualizada sobre o servizo de transporte urbano da cidade, de gran utilidade para usuarios habituais e visitantes de Vigo que atopan no servizo de autobús unha forma cómoda, económica e sostible de mobilidade.