As viguesas e vigueses localizados terán que poñerse en contacto telefónico no 986 441 570 ou deixando unha mensaxe no muro do perfil de Facebook (https://www.facebook.com/Vitrasa/) ou Twitter (https://twitter.com/VitrasaVigo) de Vitrasa aportando unha fotocopia do seu DNI na que se acredite a data e lugar de nacemento.
Posteriormente, serán convocados a un acto no que se lles obsequiará con 50 viaxes gratuítas e unha viaxe especial a bordo do histórico ‘Cometa’. A busca dará comezo o luns 5 de novembro e finalizará o día 23 do mesmo mes.
Obsequiarase tamén con 10 viaxes a aquelas persoas que axuden a localizar ao nacidos nesta data.
Que pasou o 31 de xullo de 1968
O 31 de xullo de 1968 iniciouse o servizo de transporte urbano en Vigo. O día anterior tivera lugar a presentación de toda a frota no Náutico xerando gran expectación entre os veciños, un acto multitudinario no que participaran diversas autoridades e que foi amenizado coa música da Banda Municipal e no que os buses foron bendicidos polo bispo da Diocese.
Ao día seguinte, primeiro día do servizo, as viaxes foron gratuítas para todos os usuarios. Había un total de 35 autobuses e as liñas que deron comezo foron:
– Liña 1: Ponte Cabral-Estación Coruxo
– Liña 2: Cabral – Alameda de Bouzas
– Liña 3: Seijo – Balaídos
– Liña 4: Aragón – Traviesas
– Servizo especial Praia de Samil: Calvario – Samil