No plan estableceranse tres novos puntos de recollida á primeira hora da mañá. Trátase do U1, que iniciaba o seu percorrido en Praza de América, arrancará agora de dous novos puntos de saída: Bouzas (Igrexa) ás 08.12 horas e seguirá por Camilo Veiga; e Navia (Teixugueiras, 29) ás 08.04 horas e continuará por Coia (Porriño, 9) e Avda. Castelao. O U2 realizará ás 08.02 horas unha nova viaxe, iniciando percorrido en García Barbón, 126 e realizando o seguinte traxecto: Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de Vigo – Pizarro – Avda. Madrid – Universidade.
Ademais, crearanse dúas novas paradas en Gran Vía que estarán en funcionamento a partir das 09.07 horas no caso da U1 (Gran Vía, 142) e das 08.00 horas no caso da U2 (Gran Vía, 151) para recoller aos usuarios. Outra das novidades do novo servizo e que nas viaxes de baixada do campus, a U1
prolongarase ata Praza de España e a U2 ata as inmediacións de Praza de América duplicando así o servizo.
Para facer chegar a información aos usuarios, Vitrasa editará 2.000 folletos explicativos que serán entregados a pé de parada e no interior do autobús e colgarase toda a documentación na páxina web da empresa e nas súas redes sociais. A diario, empregan estas dúas lanzadeiras, máis de 3.000 estudantes.