Vitrasa invitou a todos os centros de educación primaria de Vigo a participar no concurso de postais de Nadal, no que finalmente se recibiron máis de 400 debuxos. Entre todos os debuxos enviados, seleccionáronse un total de tres. Estes tres deseños van vinilados no autobús de Nadal que circula na C1 durante todas as festas.
Como novidade este ano creouse unha categoría especial para a participación da asociación “Bicos de papel”, unha asociación que axuda a nenos oncolóxicos e as súas familias. Xián Estévez Dieste, Uxía Gil García e Jon Moreiras Martínez recibiron os tres primeiros premios e Martín Lema, Noelia Acevedo Pacheco e Martiño Maure Arroyos obtiveron un accésit.
Con motivo da entrega de premios Vitrasa invitou aos rapaces á proxección da película “Star Wars Episodio VIII: Los últimos Jedi” no Centro Comercial Gran Vía. Ao acto asistiron máis de 120 nenos dos centros escolares, nenos da asociación Bicos de Papel e os fillos dos traballadores de Vitrasa. Antes de dar comezo a película, Juan Carlos Villarino, director xeral de Vitrasa, fixo entrega dos premios aos gañadores.
O acto contou coa presenza do Alcalde Vigo, Abel Caballero e a concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra.