A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu este domingo ao acto promovido anualmente pola Asociación de Xubilados e Pensionistas Avoa con motivo das vodas de ouro de tres matrimonios de Coruxo.
A representante autonómica acudiu á eucaristía na parroquia de San Salvador, presidida polo bispo de Tui-Vigo Monseñor Luis Quinteiro Fiuza, e posteriormente entregou uns agasallos ás parellas homenaxeadas; Clara Miranda Pontes e Eugenio Lago Costas, Elena Comesaña Fernández e Juan Prado Campos e Consuelo Gago Rodríguez e Bernardito González Castro.