Áchase ancorada na baía a Escuadra inglesa do Mediterráneo, composta de vinte e seis navíos, ao mando do almirante Charles D. Carpentale. Foi unha das concentracións navais dunha soa bandeira máis nutridas que coñeceu o noso porto. 6 de febreiro de 1912. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).