«Movemento demográfico da semana comprendida entre o 14 e o 22: casamentos, ningún; casamentos pendentes, cinco; bautismos, sete; mortos adultos, un; mortos párvulos, sete. A mortalidade infantil era, aínda, como se advirte estarrecedora. A duras penas sobrevivíase á nenez, talvez, por isto os matrimonios eran máis fecundos que na actualidade. (Non escollemos a propósito, senon que tomamos estes datos ao azar, que son en todo semellantes aos de calquera outra semana).
Despois, claro está, pese ao atraso da hixiene e da medicina, xa non era moi difícil chegar a vello tras a durísima proba daquel Rubicón infantil. Hoxe, pola contra, a lonxevidade xa non ten mérito; o máis esmirrado sae adiante…».
22 de maio de 1975. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Xerais, 2008. Edicións Monterrey, 1960).