Apróbase o emprazamento da ponte internacional de Tui, que vencellará a liña férrea de Ourense a Vigo coa de Porto a Valença. Deste xeito, as dúas capitais portuguesas e galegas, do Atlántico, uniranse mediante unha rápida comunicación de seis a oito horas. 26 de febreiro de 1880. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).