Algén aproveitó para deixar as súas pegadas no cemento da beirarrúa do Doutor Carlos Laforet, de Vigo, en dirección á Rúa Hernán Cortés. As pegadas pódense ver perfectamente na fotografía tomada nun día de chuvia, cando a auga enche eses ocos permanentes. Trátase dunha das rúas máis céntricas da cidade de Vigo, unha rúa un poquiño escondida, pero pola que transitan moitos vehículos para acortar o camiño na dirección á Rúa do Ecuador. A situación destas beirarrúas do Doutor Carlos Laforet leva moito tempo así, inacabadas, estragadas, á espera de que chegue a ocasión de entrar no plan de humanizacións.