Frei Antonio de Soutomaior, confesor do rei Filipe IV, arcebispo de Damasco, escribe ao seu sobriño, don Plácido de Sequeiros, irmán do primeiro Conde de Priegue, todos eles ilustres vigueses, tratando de asuntos familiares. “O favor do marqués (de Cerralbo, capitán xeneral de Galicia) poderémolo pedir para Alonso Correa, que o faga Cabo da xente de Vigo, e algo máis, se puidese ser, nesta terra, pois non pode saír dela”.
Don Alonso Correa era parente achegado do confesor do Rei e , en efecto, desempeñou o Cabeato do Mar en Vigo durante varios anos.
24 de febreiro de 1618. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).