Recibe as augas bautismais na Colexiata o futuro banqueiro e conde de Torrecedeira, Manuel Bárcena y Franco, figura relevante á que nos temos referido repetidamente. Ocupou cargos de relevo na vida local e provincial e apadrinou magníficas iniciativas, tal como a creación da Caixa de Aforros, cuxo edificio, sé até pouco da entidade, construíu.
Él comenzou, deste xeito, unha nova etapa na historia urbana de Vigo. Tamén se debe ao señor Bárcena o edificio do antigo hotel Moderno, obras as dúas do arquitecto D. Jenaro de la Fuente.
27 de agosto de 1834. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).