Don Bernardo González Valle, coñecido polo topónimo da súa orixe, ‘Cachamuíña’, eleva unha súplica ao rei para que se cumpra a graza de eximilo do servizo pecuniario no preito que segue co seu parente D. Manuel Ballesteros sobre a sucesión de certos morgados: ”pois V.M.- di concedeulle a graza, atendendo os seus relevantes servizos militares e ao que padeceu con prisións e desembolsos inmensos por ser adictos aos dereitos de V.M. nas épocas interiores , engadíndose a isto o atraso dos seus pagos de varios anos en distintas épocas, que nunca reclamou.”
Á marxe desta petición hai unha nota manuscrita, de puño e letra do secretario de Facenda, D. Luis López Ballesteros, que di: “16 de setembro de 1827, – Extráctese coa anterior solicitude e comuníquese orde ao decano do Concello Real para que non se moleste a González, mentres a S. M. non se digna a resolver sobre a súa solicitude”. (Arquivo Libraría Monterrei).
14 de setembro de 1827. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).