E esa é hoxe a festa histórica por excelencia da cidade olívica. Unha lembranza do que foi un feito sen precendentes na chamada Guerra da Independencia, e supón o recoñecemento de Vigo como a primeira vila (daquelas Vigo aínda non era considerada cidade) capaz de expulsar aos invictos escuadróns napoleónicos.
Tras do levantamento de Madrid do 2 de Maio do 1808 e a súa brutal contestación por Murat, Napoleón decide coroar ao seu irmán José como rei de España, extendendo o espírito bélico por toda a península. En Galicia, na cidade de A Coruña, créase a Xunta Xeral do Reino de Galicia, que pretende levantar un exército autóctono a armas, e chama a filas a homes maiores de quince e menores de corenta e cinco anos. Vigo aporta uns 142 mozos alistados, que son destinados a defender o paso de Galicia pola cidade de León, deixando a vila desguarnecida. Achamonos aproximadamente en xuño do 1808.
Non será ata o 1809 cando napoleón decida dar un paso cara Galicia, consciente do desembarco das tropas inglesas na Coruña, e ademáis decidido a acabar con Portugal, decidido aliado británico. Por iso manda ao mariscal Soult encabezando unha expedición que acabou o 16 de xaneiro coa batalla de Elvira; a cidade de A Coruña é tomada polos franceses, John Moore –o xeneral inglés- é morto dun disparo, e as tropas británicas son desaloxadas da cidade herculina. Con esta victoria, Soult decide poñer camiño a Portugal e na súa marcha cara ao sur tomar as plazas de Tui, de Baiona e de Vigo, entre outras.
Os franceses ocupan Vigo
Naquel momento a vila de Vigo, de menos de cinco mil habitantes, non dispuña dos soldados da Xunta Xeral do Reino de Galicia, polo que se producen altercados que acaban na deposición dos rexidores da vila, e no nomeamento dunha nova autoridade local á cuxa cabeza se pon ao alcalde Francisco Javier Vázquez Varela. A nova autoridade local decidiu convocar un exército veciñal, coñecido como a Milicia Honrada, no que se alistaron trescentos veciños. O obxectivo desta milicia sería defender a fortificación amurallada da vila, que dispuña de dous castelos e seis portas ao exterior.
O 31 de xaneiro as tropas de Soult cegaron e ocuparon o barrio do Arenal, que nese momento era parte externa da muralla, e ante a superioridade total dos franceses, e igual que faría a cidade de Tui (a cabeceira de comarca) ambas localidades deciden renderse sen loita para evitar un baño de sangue. Soult, no seu camiño hacia Portugal, non se detivo demasiado en Vigo. Determinouse respetar a vila e aos seus habitantes namentres permaneceran en sosego, e nomeou ao comandante Chalet coma responsable militar da vila, á fronte duns mil soldados, mantendo a autoridade civil local recentemente elexida.
Durante un tempo a convivencia foi tensa pero calma e somente algúns altercados menores minaban o equilibrio na vila. Sería o alcalde de Fragoso, entonces vila veciña, Cayetano Parada de Limia, o que encabezaría un cerco á vila iniciado o 17 de maio. A priori era un conato de revolución sen importancia, pero pronto a mecha extendeuse en moitos frentes. Moitos militares profesionais decidiron unirse ao cerco, e Portugal enviou unha axuda baixo o mando de Juan Bautista de Almeida de Sousa e Saa. Dúas embarcacións inglesas, o Venus e o Lively, sumáronse ao ataque co que se contaba con unha milicia dunhas seis mil almas, fronte os mil soldados franceses encabezados polo comandante Chalet, que comezaba a contar coa hostilidade dos veciños de Vigo.
Recreación da batalla entre os cidadáns de Vigo e as tropas francesas do Exército de Napoleón durante a festa da Reconquista / turismoriasbaixas.com
Comeza o asedio
Ainda que ai que recoñecer que a posición de Chalet era complexa, e a falta de colaboración tanto dos vigueses como das autoridades locais provocaban que comezara a aparecer a fame entre a tropa francesa, o certo é que o comandante francés tratou en todo momento de presentar unha posición conciliadora ata que, incapaz de facer fronte a situación, pide reforzos a Santiago e a Tui, onde se achaban mais tropas napoleónicas, mentres sostén coma pode o asedio.
O 27 de marzo os vigueses, que agardaban unha rendición pacífica dos franceses, deciden asaltar a vila aproveitando a escuridade da noite, por medo a que os reforzos napoleónicos poidan romper o cerco. Coordinan un ataque conxunto entre os seis mil voluntarios do asedio, e os trescentos milicianos que se achaban dentro da muralla. Un dos episodios máis coñecidos (e non verificado históricamente) é o asalto da porta de Gamboa, na que un vello mariñeiro, chamado Carolo, tentou derribar a porta cun machete, sendo abatido a tiros polos defensores. Contan que o valiente capitán Bernárdo González, coñecido como Cachamuíña, foi o que finalmente derribou a porta e o primeiro en asaltar a vila, aínda que lle costou soportar ata catro disparos no seu corpo, dos que sobreviviu.
Recreación das tropas de Napoleón en Vigo / tradicionesyfiestas.com
O certo é que o asalto non foi moi cruento, dado que a debilidade das tropas francesas e a tardanza dos reforzos no exército imperial miraban a moral dos defensores. Por iso a medianoite, Chalet decidiu firmar unha capitulación honrosa, e renderse aos ingleses, o que supuña un mellor trato coma prisioneiros de guerra. Ás 8 da mañan do 28 de marzo do 1809, as tropas imperiais deixaron as súas armas na zona de A Laxe e embarcaron nas naos británicas, sendo en todo momento hostigados pola población local. En poucas horas, apareceu unha columna de soldados imperiais; eran os agardados reforzos que viñan de Tui e que foron dispersados fácilmente polos defensores de Vigo. Este feito levou tamén a que Tui e Baiona foran liberadas, creándose unha nova milicia, a División do Miño.
Todos estes soldados franceses se replegaron hacia o leste galego, onde se atopaba o Mariscal Ney reagrupando ao exército francés. Foi en Pontesampaio, un 8 de xullo, onde Ney foi vencido e tivo que fuxir cara Castela, sendo esta a primeira derrota militar a campo aberto do exército napoleónico. A noticia corre polo sur da península, a zona oficialmente liberada do reino, e en Sevilla se publica na Gaceta do Goberno a sorprendente nova da derrota do exército imperial e a fuxida de Ney, mentres se producen levantamentos e liberacións en diferentes localidades de España. Vigo, e Galicia por engadidura, sería a cabeceira dunha onda que acabaría pola liberación da península do poderío napoleónico e que remataría co final do imperio napoleónico na historia.
Bibliografía
Elias Viana, Marta: “La Reconquista de Vigo”. Historia 2.0. 01/04/2017
Domínguez Castro, Luis: «La guerra de Independencia y la Reconquista de Vigo» en Historia de Vigo. Vigo, Ediciones Nobel para Faro de Vigo, 2007, pp 145-156.
Cebrián Ramos, Beatriz: Vigo, 1809: Reconquista. Material Didáctico. Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”
Lamas Dono, Jorge: «A reconquista de Vigo na prensa española da súa época», Glaucopis 17, pp. 71-80. Vigo, Boletín Instituto de Estudios Vigueses, 2012.
Troncoso García-Cambón, Ricardo: «El comandante de Escuadrón Jacques Antoine Chalot, comandante militar de Vigo durante su ocupación. Nuevos datos sobre la Reconquista de Vigo»,Glaucopis 15, pp. 15-38. Vigo, Boletín Instituto de Estudios Vigueses, 2010.