A editorial Alvarellos, dirixida por Henrique Alvarellos, ven de publicar “Castelao é noso”, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A pequena obra en tamaño está prologada por Fernando Ramallo, que xa coordinara a complexa recopilación dos artigos de Ferrín publicados no apartado “No fondo dos espellos”, do periódico Faro de Vigo. Precisamente, este libro “Castelao é noso” é o conxunto de unha serie de ensaios publicados nese espazo periodístico. O libro, aínda que breve, posto que non achega ás noventa páxinas, ten unha enorme importancia cun contido moi significativo, sempre defendendo a postura democrática, republicana e nacionalista federal de Castelao, e denunciando a usurpación por parte de determinados partidos políticos que chegan a deformar en beneficio propio o pensamento do personaxe de Rianxo. Un libro moi recomendado.