Constitúese a Xunta de obras do porto, integrada polo alcalde da cidade, como presidente o comandante de Mariña, vicepresidente, e os vogais D. Juan Tapias, D. José Barreras, D. Primitivo Blein e D. Emilio M. Doural, sendo secretario D. Manuel Olivié, que o era tamén do concello.
Nesta primeira reunión, a Xunta toma o acordo de aprobar o regulamento polo que se ha de rexer. Pode dicirse que, hai agora pouco máis de tres cuartos de século, todo estaba por facer no porto vigués. Cos altibaixos imputables a toda obra humana, este organismo constituíu un factor decisivo no progreso da cidade.
7 de novembro de 1881. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)