Por unha resolución do Ministerio da Guerra concédense facilidades para a construcción de edificios particulares nos terreos adxacentes ao Castro, na chamada “segunda zona técnica” do Castelo, que ata entón imposibilitaba practicamente a expansión da cidade naqueles terreos. 12 de xaneiro de 1892. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).