D. José Elduayen escribe ao alcalde de Vigo, declinando o honor de que lle sexa erixida unha estatua, idea que aprobara a corporación municipal a proposta do concelleiro D. Leoncio Villavicenco. Despois de facer protestas de agradecemento e humildade, escribe Elduayen:
“Porén, aceptando o pensamento, atrévome a propoñer aos iniciadores e aos que o acollan con benevolencia un medio que, ao meu xuizo, completaría tan xenerosa idea. E este sería que toda vez que entre as importantes iniciativas desas autoridades locais no ben de Vigo lin que existe o propósito de establecer un hospital, que tan necesario é para esa importante cidade, a este obxecto puidese destinarse o importe total da subscrición popular que vostedes se propoñen abrir na miña honra e a cuxo establecemento benéfico dotaría eu de todo o mobiliario, roupas e efectos que fosen necesarios para a súa completa instalación…”(Véxase, Galicia y Elduayen, páxinas 231-235).
“E esta foi, en efecto, a orixe do hospital Elduayen, un alto monumento de caridade, digno daquel home.
24 de decembro de 1875. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)