O Terzo de Valadares, na volta a comezar campaña de Portugal, atravesa o Miño, fronte ao castelo de San Luis, e ataca as atalaias existentes entre Vilanova de Cerveira e Valença. Nesta acción perde a vida o capitán de Cabalos, D. Diego Suárez de Deza Falcón, natural de Vigo. O día 17, o Terzo de Valadares obtén unha completa vitoria, obrigando ao inimigo a se refuxiar en Valença, mentres outro sector do exército contrario é perseguido até as proximidades de Ponte Lima. 3 de setembro de 1658. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).