Filipe II dita orde sobre a taxa de pan nas vilas de Vigo e Pontevedra, tratando de evitar as especulacións dos acaparadores de cereais, ante a situación de fame e penuria que atravesa Galicia.
Tamén con esta data promulga o rei unha provisión, relacionada coas finanzas que habían de efectuar os comerciantes de Vigo para as transaccións con Inglaterra. Esta provisión foi confirmada por outra do 8 de outubro do mesmo ano; mercé a tales disposicións, o comercio naval do noso porto, que viña efectuándose en precario, experimentou un rápido incremento. Pero pouco durou a situación porque Baiona e Coruña volveron polos seus antigos foros e a Vigo foille vedado de novo o comercio marítimo, tanto o de importación como o de exportación, co exterior.
2 de outubro de 1563. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).