Entre pestes e malas colleitas, Vigo viña padecendo unhas décadas calamitosas. O Rei D. Filipe II asina con esta data unha Real Cédula, encamiñada a remediar no posible a precaria situación material que atravesaba a vila de Vigo tras a terrible epidemia de peste deste ano. Disponse que, entre abril e maio de cada anualidade, unicamente poidan vender viño en Vigo os propios veciños, sendo aquel das súas colleitas.
16 de novembro de 1569. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)