Frei Andrés de Villageliú, que tan destacado papel tivera na organización das forzas de guerrilleiros actores da reconquista de Vigo, diríxese desde esta cidade e no nome do interventor de Salinas de Vigo, Frei Tomás Pazos, á xunta de Galicia, denunciando o feito de que os homes da salgadura de peixe da comarca teñen o privilexio de adquirir a fanega de sal a 23 reais (mentres o prezo para o público era de 38), compran maior cantidade da que realmente precisan mediante declaracións falsas de fabricación para revenderen despois o precioso artigo estancado en prezos abusivos. Propón, en virtude diso, que se unifique o prezo da fanega de sal en reais. Esta decisión non perxudicaría aos fabricantes honrados nos seus verdadeiros intereses e serviría, en cambio, para eliminar un privilexio, botándoo por terra, do mesmo modo- di- que tiñan que se eliminar cantos hai, favorecendo á xente e facendo imposible tales abusos.
Frei Andrés, despois de gañar a guerra, esforzouse pola paz. Frei Andrés era, xa se ve, un cristianísimo pastor das súas humildes ovellas. A vida sen sal, non é vida. O que pasara subrepticiamente a pólvora para combater o inimigo, quería agora o sal libre para o caldo noso de cada día. E loado sexa Deus, frei Andrés!
13 de agosto de 1810. Xosé María Álvarez Blázquez.«La Ciudad y los Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Monterrey, 1960).