Reinan a fame e a miseria por mor da perda total das colleitas. Con esta data, Filipe II dita unha provisión para que se deixe en liberdade aos veciños de Vigo que posúan terras en Portugal para que poidan introducir sen traba ningunha os productos agrícolas alí producidos, especialmente pan e viño.
21 de outubro de 1598. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)