As arcas municipais quedaron case exhaustas, entre outras razóns, por mor dun longo e oneroso litixio, mantido con don Diego de Acevedo, anos atrás, por se este tiña dereito ou non a colocar uns asentos na capela maior da Colexiata, para uso exclusivo da súa familia.
Ao organista da parroquial non lle pagaba o Concello o seu salario, nin había de onde se sacar toda vez que ditos emolumentos se obtiñan dos efectos da fábrica da Colexiata, Mais a Coroa propiárase o xuro en que aqueles se fundaban.
Vista polo Concello a petición do organista, acorda nesta data concederlle os catrocentos reais que se lle adebedaban con cargo aos arbitrios que o rei outorgara á vila, librando orde de pagamento ao arrendatario Francisco Álvarez.
28 de xaneiro de 1716. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).