Nace en Vigo don Francisco Javier Vázquez Varela, futuro alcalde da vila e caudillo da sublevación interior pola ocupación francesa. Seguiu a carreira de leis e estando de xuíz ordinario en Vigo, ocupou o difícil posto antes aludido. Foi oidor da Real Audiencia de Galicia, alcalde numerario da Casa e Corte e, finalmente, Conselleiro do Real e Supremo Tribunal de Facenda. As novas que oportunamente demos deste grande patricio vigués exímennos de puntualizar aquí outros trazos da súa destacada personalidade.
Faleceu Vázquez Varela no ano 1819 despois de sufrir algunhas amarguras por intrigas de émulos que non souberon recoñecer os seus méritos.
8 de xuño de 1745. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Monterrey, 1960; Editorial Xerais, 2008).