As obras do peirao de madeira parecen tomar novo pulo. Desembárcase parte do material destinado a ellas, cuxa construcción estaba a cargo da que entón se chamaba “empresa da nova poboación”. Segundo unha crónica, o material desembarcado eran unhas perchas recubertas de caucho, que as faría resistir moitos anos á acción da auga.
Mentres tanto, o recheo dos cadros gañados ao mar avanzaba tamén a bo ritmo. “Mágoa é. lamentábase o Faro- que as distintas fases da política porque atravesou o país nestes últimos anos paralizasen as obras das vías férreas de Galicia, que polo adiantadas que se atopaban podían estar en vésperas de explotación.”
“En Vigo estaba xa preparado o peirao provisional para o desembarco das locomotoras adquiridas pola empresa de Vigo a Ourense, e da noite á mañá desapareceu a obra recén construída por estorbar aos traballos da empresa da nova poboación, segundo se dixo…”.
22 de febreiro de 1875. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).