O líder absolutista Pereira, mandando unha partida de trinta facciosos, sementou a alarma nalgunhas vilas da provincia de Vigo. O Gobernador militar de provincia, Brigadier Romay, sae na súa persecución ao fronte da Milicia Nacional e obrígao a se retirar cara a Ourense. De alí pasaría Pereira a Portugal de onde foi expulsado.
Máis tarde uniríase aos “apostólicos”exiliados en Valença para entrar por Tui, cidade doída por mor da perda da súa capitalidade e, por iso, rabiosamente realista. Pereira foi o pesadelo constante dos xefes políticos de Vigo.
7 de setembro de 1822. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).