O alcalde da cidade, don Buenaventura Marcó del Pont, presidindo unha sesión do Concello comprométese a custear do seu peto un altar para o Cristo da Vitoria, na Colexiata. Os Marcó del Pont eran comerciantes ricos, armadores en corso, e, pasados os anos, acérrimos partidarios de don Carlo.
No sitio de zaragoza distinguiuse, con diversos actos de heroísmo, o xeneral don Francisco Marcó del Pont, finado en Chile en 1819, tras a batalla de Ayacucho; era irmán de don Buenaventura e vigués coma el. Don Juan José Marcó del Pont mantivo estreita amizade co ministro carlista don José Arias Teixeiro.
17 de xaneiro de 1816. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).