O Concello toma o acordo de nomear organista suplente da Colexiata ao rapaz de doce anos Eugenio Pereira Vicente, cego de nacemento. Pereira Vicente era natural de Vigo e aquí aprendeu música polo sistema de braille, guiado polo seu pai, músico tamén, chegando a se converter, a tan tenra idade nun virtuoso do piano e o órgano.
2 de decembro de 1885. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)