Martes de Carnaval. Apenas contaba dez anos de existencia o campante Teatro Rosalía de Castro, cando neste día quedou destruído por un incendio. No sinistro, a sociedade La Oliva, que alí celebraba os seus bailes, perdeu os diváns, mesas, alfombras e outras pertenzas, que tiña depositados no local para os seus festexos.
Adquiridas as ruínas e derrubado totalmente o teatro, don José García barbón emprendeu decontado a edificación do que hoxe leva o seu nome, no mesmo predio do desaparecido, segundo proxecto de don Antonio Palacios.
8 de febreiro de 1910. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).