A crónica festeira apenas rexistra xa, aparte do barullo final da romaría de San Roque e unha verbena celebrada durante a noite de onte no Campo de Granada, o grande baile que, en obsequio dos forasteiros, celebra hoxe o Liceo de Vigo. Hai, ademais, función de ópera no Tamberlick onde os melómanos se deron cita coa máis elegante representación do corpo social vigués. E alá arriba, nas localidades altas, están os artesáns e os obreiros, grandes amantes da música tamén, que souberon aforrar uns reais para escoitar a Tamberlick e a Verdini. Vexan os esforzados propulsores deste renacemento vigués en pro das funcións de ópera, de que claras e populares tradicións arrinca o seu moi meritorio labor. E queira Deus que, ao igual que neste ano de 1883, poidan ofrecernos nun inmediato futuro outra tempada como aquela con vinte funcións de aboamento.
17 de agosto de 1883. Xosé María Álvarez Blázquez. «La Ciudad y los Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Monterrey, 1960).