«Os obreiros vigueses celebran unha reunión no salón Curty, insuficiente para acoller a grande masa de manifestantes, calculados en máis de mil individuos, segundo crónicas da época. Esta cifra dá idea da potencia industrial que Vigo alcanzara hai setenta anos. Os asistentes á reunión, que en grande parte tiveron que se conformar con permanecer na rúa, tomaron os seguintes acordos: xornada de oito horas de traballo; descontos por despido forzoso computables por hora e non por cuarto de xornada sen que tivesen que ser alteradas por esta causa a contía das xornadas estipuladas. Nomeouse unha comisión, encargada de facer chegar estas demandas ao sector patronal, e acordouse celebrar unha nova reunión á vista dos seus resultados.
Movementos obreiros semellantes rexístranse noutros puntos de Galicia. Os operarios vigueses celebran neste mesmo día unha manifestación de reivindicacións».
18 de maio de 1890. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Xerais, 2008).