Faro de Vigo publica un artigo de Pérez Galdós no que describe galanamente – o adverbio é da época- as impresións dunha viaxe do Porto a Vigo.
“Desde o río Miño vemos a triste e vetusta cidade episcopal de Tui e as beiras moi fértiles poboadas de vides. Non desmerece a paisaxe desde Tui até Vigo do que admiramos entre o Porto e o Miño. Toda Galicia é encantadora rexión, superando Pontevedra ás súas tres irmás da Coruña, Ourense e Lugo. Pontevedra, Arousa e Muros; pero véxome forzado a suspender polo agora a viaxe, sen prexuízo de emprendelo de novo na próxima canícula…Para min, a máis fermosa das catro rías é a de Vigo, que tamén é o primeiro porto de España e quizais de Europa… O porvir de Vigo como punto comercial é indubidable. Está chamado a ser un grande depósito e o punto de recalada de todos os buques que veñen de América a tomar ordes”. De acordo, D. Benito.
12 de agosto de 1885. Xosé María Álvarez Blázquez. «La Ciudad y los Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Monterrey, 1960).