Por unha Real Orde desta data, disponse o establecemento dun lazareto na illa de San Simón, un día lugar de asento dun mosteiro e da ermida que no século XIII evocou, en estrofas paralelísticas de dramático acento, outro poeta vigués Meendiño. 6 de xuño de 1838. Xosé María Álvarez Blázquez. ‘A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo‘ (Editorial Monterrey, 1960; Editorial Xerais, 2008).