A cultura galega non pode ser algo exclusivo do Día das Letras Galegas, senón que debe transcender ao resto do ano e debe ir máis alá da fala. As galegas e os galegos deben ser quen de abranguer tamén a literatura, a música, o cine, o baile tradicional e incluso o moderno. En fin, todas as facetas de expresión e comunicación da nosa vida cotiá.
Os medios de comunicación escrita, a radio e a televisión galegas tamén están a xogar un importante papel na difusión da cultura galega perante todo o ano, aínda que segue a necesítar un maior esforzo do propio pobo galego. Nesta fotografía, tomada nunha céntrica rúa da cidade de Vigo o mesmo Día das Letras Galegas, que este ano 2022 está adicado a Florencio Delgado Gurriarán, pódese ver un grupo de mulleres ataviadas cos típicos traxes galegos.
Porén, co paso dos anos xa non é unha imaxe exclusiva do 17 de Maio porque xa é bastante frecuente a celebración de festas e reunións o resto do ano nas que prevalece o orgullo galego, tanto no rural como nas cidades.